Estimado usuario, dámoslle a benvida e agradecémoslle a súa visita a nosa páxina web oficial www.cofradiaslugo.com

A Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo, (en adiante “FPCP Lugo”), inscrita no Rexistro Xeral de confrarías de pescadores e as súas federacións e Código de Identificación Fiscal número V-27.017.284, infórmalle das seguintes CONDICIONS XERAIS DE USO da web, de conformidade ca Lei Orgánica 15/1999 de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais lexislación española aplicable:

Información veraz
A FPCP Lugo garantiza haber obtido a información contida na páxina web de fontes fiables e axeitas, así como de haber adoptado as pertinentes
medidas que garanticen unha información veraz, exacta, completa e actualizada. Aínda así, FPCP Lugo non se fai responsable da información proporcionada por ou obtida de terceiros,
inexacta, non actualizada, incompleta ou da falta de legalidade da mesma.

O uso de links ou vínculos de acceso a outras páxinas web, distintas da propia, os que o usuario poida acceder a través da presente, tampouco serán responsabilidade de FPCP Lugo.

Protección de datos e política de privacidade
FPCP Lugo so terá acceso a aqueles datos de carácter persoal facilitados polo usuario voluntariamente, mediante o seu rexistro na páxina web de FPCP Lugo,

FPCP Lugo infórmalle de que estes datos de carácter persoal, serán recollidos nun ficheiro automatizado da súa propiedade, previa cláusula de información ó usuario. A cumplimentación do formulario implicará que da o seu consentimento e acepta o tratamento dos seus datos.

No caso de que os datos non sexan veraces, completos e actualizados, ou que non se completen os campos obrigatorios, FPCP Lugo poderá proceder a rechamar a solicitude de rexistro.

O envío dos datos a través do formulario, presumirase a autorización a FPCP Lugo, para o tratamento de ditos datos persoais, no cumprimento das finalidades anteriormente indicadas.

A comunicación que, neste sentido, puidera remitir FPCP Lugo, poderase facer chegar ós usuarios, ben por correo ordinario, electrónico ou por medio do fax ou outro medio de comunicación equivalente.

Vd. poderá acceder, cancelar, rectificar ou opoñerse o tratamento dos seus datos dirixíndose a FPCP Lugo por medio de notificación escrita, na que haberá que acompañar copia do D.N.I, da tarxeta de residencia ou do Pasaporte en vigor, a Porto Pesqueiro, 27880 BURELA, LUGO.

En caso de cesión dos datos aportados polo usuario a terceiros, FPCP Lugo comprométese, de forma previa, a informar e recadar o consentimento do usuario, expresando a finalidade de dita cesión e a identidade do cesionario.

FPCP Lugo mantén un nivel de seguridade axeitado para a protección dos datos persoais tratados, intentando evitar, en todo momento accesos non autorizados, perdida de datos e modificacións dos mesmos non permitidos pola Lei.