a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de LUGO é unha corporación de dereito público, sen ánimo de lucro, que exerce as funcións encomendadas dacordo coa normativa vixente, especialmente a lei 3/2001 de pesca marítima do Estado, a lei 11/2008 de pesca de Galicia, a lei 9/1993 de confrarías de pescadores de Galicia e o decreto 8/2014 polo que se regulan as confrarías de pescadores de Galicia e as súas federacións.

Foi constituída no ano 1982 e agrupa ás 6 confrarías da provincia de Lugo:
Burela, Celeiro, Foz, Ribadeo, San Cibrao e Vicedo.

Ó igual que as Confrarías de Pescadores, sempre manterá a representación paritaria entre o colectivo de empresarios e o de traballadores.


As súas principais funcións son:

a.- Actuar como órgano de consulta e colaboración coa Administración Pública na defensa e promoción do sector.

b.- Representar, xestionar e coordina-los intereses común das confrarías que a integran.

c.- Contribuir a un mellor desenvolvemento socioeconómico no seu ámbito de actuación, e especialmente, para logra-la adecuación das actividades pesqueiras ós tempos actuáis.