A Federación Provincial de Confrarías de Lugo
organizou o 28 e 29 de setembro de 2015 un “Congreso sobre a pesca artesanal” na que se deron cita as 8 Federacións de Confrarías que existen no caladoiro do Cantábrico-Noroeste (7 provinciais desde Guipúzkoa a Pontevedra, máis a Galega).
 
Este congreso veu a recuperar as reunións INTERFEDERATIVAS que se celebraron durante moitos anos para acordar importantes temas en común do CNW, e que este ano baixo o título: ”Reflexións sobre a pesca artesanal: Sostenible, rentable e con futuro”, pretendeu analizar unha serie de temas xerais e de interese para toda a flota.
 
A convocatoria proponía reflexionar sobre 5 temáticas xerais:

   1- ECONÓMICA. É viable a pesca artesanal?
   2- SOCIAL. Hai relevo xeracional na pesca costeira?
   3- MERCADO. Podemos actuar no mercado para garantizar uns prezos razonables?
   4- XESTIÓN PESQUEIRA. Son aplicables as ITQs na pesca artesanal? Hai outros modelos de xestión?
   5- NORMATIVA PPC. Está a flota artesanal preparada para a aplicación da nova PPC?

 
Ademáis destes temas propostos, outros dous foron analizados entre todas as federacións: a definición da pesca artesanal e a organización do sector e a micro-representatividade que se da actualmente no sector. Destaca a unanimidade da definición da pesca artesanal, que en contra do criterio do tamaño da eslora da embaración en menos de 12 metros que considera a Comisión Europea, para as federacións debería ser máis amplia: “pesca con forte tradición artesanal, altamente selectivas, de propiedade familiar e con respeto polo medio ambiente”. Ademáis, dentro desta definición acota ainda máis para definir a pesca costeira artesanal como “aquelas de pequeno porte, con mareas sempre de menos de 24h, e que se dedican ós artes menores e artes varios”.