A Federación Provincial
xestiona e coordina os intereses comúns das seis confrarías de pescadores de Lugo, destacando principalmente o traballo de divulgación dos últimos anos a través das campañas promocionais ”Mar de Lugo” nas que se fai unha promoción da pesca artesanal buscando distinguir un produto de primeira calidade e os métodos de traballo tradicionais que desenvolven os nosos traballadores. Esta campaña contou con máis de 100.000 impactos tendo en conta diversas publicacións na prensa xeral (Voz de Galicia e El Progreso), nas webs, e a distribución de material impreso remitido directamente a tódolos colexios e bibliotecas da provincia.
 
 
Das principais accións realizadas nos últimos anos, destacan:


    –Informes de variados temas para a Xunta de Galicia: repercusión do encarecemento do prezo do combustible na flota pesqueira, os sistemas tradicionais de retribución na pesca, execución do plan de Portos de Galicia en Lugo, estudo de necesidades de infraestruturas, …

    -Traballos para a mellora do medio mariño. A partir do accidente do Prestige colaborouse cun grupo de investigadores da Universidade de A Coruña en elaborar un plan de asistencia e de recollida de primeiros resultados. Outra acción foi un estudio de educación ambiental sobre o medio mariño de Lugo que finalizou cunha exposición itinerante polas confrarías.

    –Divulgación socio-cultural e promoción conxunta. Realizáronse diversos traballos audiovisuales con folletos, web, exposicións itinerantes por colexios da provincia no que pretendemos concienciar do papel das confrarías na sociedade explicando o traballo no mar, os oficios e artes da pesca, as feiras gastronómicas, e a influencia do mar na cultura local. Tamén destaca a activa participación na feira Expomar, contando con stand para promocionar o sector Pesqueiro.

    –Mellora da seguridade na pesca. Formalizáronse varios anos convenios con SASEMAR (Sociedad de Salvamento y Seguridad Marítima) para as axudas á flota pesqueira na adquisición de radiobalizas, chalecos salvavidas e goniómetros, xestionando máis de 143 solicitudes cun valor superior a 107.000 euros. Realizáronse tamén outras accións en colaboración co ISSGA (Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral) como a publicacións de guías de prevención de riscos e diversas xornadas técnicas.

    –Melloras tecnolóxicas como a formalización de convenios co Ministerio de Pesca para a xestión de axudas a buques de máis de 15 m de eslora dos equipos de localización vía satélite (caixas azuis) nas que dotamos deste equipamento a 17 buques con axudas superiores a 50.000 euros.