Convenios de Colaboración

Ano 2015

1.- A Deputación Provincial de Lugo financiou con 19.000 € e ata un 90% do total para: accións de divulgación e promoción na provincia de Lugo (11.400 €) e máis a adquisición de traxes de neopreno para as/os 40 mariscadoras/es das confrarías (7.600 €).

      -As accións de divulgación e promoción da entidade incluídas foron: no mes de maio na feira monográfica Expomar de Burela na que a Federación participou cun stand propio e realizou publicidade da labor das confrarías e degustación de produtos do mar; tamén se participou e promocionaron as Xornadas Técnicas da Pesca de Celeiro do mes de novembro. Por último, fíxose unha tirada de 2.000 exemplares de taboas de mareas do 2016 que están a disposición de tódolos pescadores e mariscadores nas 6 confrarías de pescadores de Lugo.

      -A dotación dos traxes de neopreno foron para os 33 mariscadores/as en activo da provincia, logo de producirse 3 xubilacións no último trimestre de 2015 e que outros 3 estén en situación de suspensión temporal da actividade por baixas de longa duración.

Ano 2016

1.- O 3 de marzo de 2016 asinouse o convenio polo que a Consellería do Mar da Xunta de Galicia financia os gastos correntes da Federación cunha axuda de 27.000 € para este ano. As partidas incluídas neste convenio son as de funcionamento e gasto corrente da entidade.

2.- O 14 de xullo de 2016 formalizouse o convenio polo que a Consellería do Mar da Xunta de Galicia financia as inversións para a mellora da competitividade cunha axuda de 23.000 €. As actuacións previstas deste ano son: adquisición de diverso material informático, novas accións de divulgación dos produtos do mar das Confrarías, e por último, a organización do 2º congreso de pesca artesanal do cantábrico-noroeste dentro da defensa da pesca artesanal.

De momento non hai máis convenios formalizados con outras entidades.

Subvencións públicas

Nin no exercicio 2015,2016,2017 nin no 2018 fomos beneficiados, de momento, de ningunha outra subvención pública