A Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo participa activamente noutras entidades nas que da representatividade ó sector pesqueiro lucense.


-Federación Nacional de Cofradías
O Presidente José Basilio Otero, como representante da Federación Provincial, participa na Comisión Permanente, órgano de xestión entre Asambleas. Asimesmo, tódalas confrarías de Lugo son membros da Asamblea Xeral.
 
-Federación Galega de Confrarías
As 6 confrarías de pescadores son membros da xunta xeral, na que teñen voz e voto os patróns maiores e o vice primeiro de cada unha. Ademáis, o Comité Executivo da Federación Galega está constituído por 4 membros nomeamos por cada federación provincial, tendo que ser un o Presidente e os outros 3 nomeados pola provincial, e sempre garantindo a paridade entre os colectivos de empresarios e traballadores. Por último, cando se elixe o Presidente e Vice-Presidentes da Federación Galega, cada un ten que representar a unha provincia. Actualmente Javier Sánchez, patrón maior de San Cibrao, representa á Federación de Lugo como Vice-Presidente 1º.
 
-Instituto Social de la Marina
A Federación é membro do Comité Asesor Provincial do ISM, participando mensualmente nas comisións de seguimento de asuntos sociais.
 
-Consello Galego de Pesca
A Federación Provincial conta con 2 representantes no Pleno do Consello Galego de Pesca e con varios en diversas comisión do sector extractivo.
Tamén participamos activamente nas comisións de seguimento e na elaboración dos plans de explotación para diversas especies, sobre todo as de maior interese para Galicia: polbo, centola, boi, nécora, …
 
-Portos de Galicia
Un dos representantes no Consello de Administración do ente público Portos de Galicia SA corresponde á Federación Provincial. Actualmente representanos Domingo Rey, patrón maior de Celeiro.
 
-Mar Seguro de Galicia
É unha entidade sen ánimo de lucro, que desenvolve a súa actividade a través e en colaboración coas federacións de confrarías co obxectivo de difundir a prevención de riscos e mellora-la seguridade no sector. Ten presenza en todo o litoral de Galicia, especialmente nas flotas de baixura, artesanal e no marisqueo. A Federación Provincial é membro da xunta directiva con unha vice-presidencia e un vocal.
 
-Consello Consultivo de Augas do Sul
Os Consellos Consultivos (CC) son órganos asesores da Comisión Europea que ostentan a representación sectorial de ámbito ”rexional” para a UE. A Federación de Lugo está asociada ó CC de Augas so Sul xunto a outras organizacións de Portugal, España, Francia, Bélxica e Holanda.