As confrarías de pescadores son entidades de carácter social cunha profunda tradición histórica en Galicia, que teñen a súa orixen no século XIII cando aparece a ”Irmandade das vilas e marismas dos reinos de Asturias e Galicia”. Dende ahí foron evolucionando, perderon o seu carácter relixioso e convertíronse en organizacións laboráis e de asistencia mútua, logo en pósitos de pescadores, e finalmente recuperaron a antiga denominación de confrarías de pescadores, pasando a ser corporacións de dereito público, hoxe suxeitas á tutela da Administración Pública Galega.

As confrarías poden estruturarse en dúas seccións:

     1.- de orientación, obrigatoria en tódalas confrarías, pola súa laboura de órgano de consulta e colaboración coa administración, velando polo estrito cumprimento da normativa vixente en materia de pesca.

     2.- de organización da produción, voluntaria, se así o acorda a maioría dos membros da xunta xeral, para a defensa dos intereses dos profesionais que as compoñen, promover plans de capturas, concentrar oferta, plans de produción e comercialización, …


A actividade diaria das confrarías de pescadores xoga un papel esencial nas zonas pesqueiras por tres aspectos:

     a.- Económico. A pesca constitúe unha actividade clave polo volumen das ventas de peixe e marisco, e tamén polo seu efecto multiplicador noutros subsectores da economía.

     b.- Social. Polo impacto na creación de emprego e pola fixación de poboación na costa.

     c.- Cultural. A influencia da pesca é clara nas zonas costeiras, non só pola transmisión de coñecementos de xeración en xeración (artes e oficios tradicionais) nen pola preservación do medio mariño (pesca selectiva a pequena escala), senon tamén porque os nosos pobos non serían como son hoxe sen a pesca e o marisqueo.